APRENDEMOS A VOGAL A
PRACTICAMOS A VOGAL A
Con que letra empieza, an interactive worksheet by brenda_ar
liveworksheets.com
liveworksheets.com
¿A QUE SABE LA LUNA?
liveworksheets.com
liveworksheets.com
QUE SON OS MANDALAS E CALES SON OS SEUS BENEFICIOS:
Os mandalas son
representacións simbólicas utilizadas tradicionalmente no budismo e o hinduismo
como técnica de relaxación. Un mandala está constituído por un conxunto de
figuras e formas xeométricas concéntricas que representa as características
máis importantes do universo e dos seus contidos. O seu principal obxectivo é
fomentar a concentración da enerxía nun só punto durante a meditación.
Como xa podemos
intuír, o principal beneficio que pode destacarse sobre os mais cativos cando pintan mandalas
é que fomentan a atención e a
concentración, pero os seus beneficios van máis aló:
1.
Fomentan a atención e a concentración.
2.
Favorecen o desenvolvemento da psicomotricidad fina
de mans e dedos.
3.
Promueven o benestar interior do neno, ao centrarse
nunha actividade placentera como é o feito de pintar.
4.
Favorecen a súa creatividade e imaxinación.
5.
Reducen o estrés e a ansiedade.
6.
Axudan a desenvolver a paciencia, o tesón, a
perseveranza e a constancia.
7.
Permiten que traballemos conceptos xeométricos:
círculos, triángulos, cadrados, estrelas,..
8.
Posibilitan que introduzamos novo vocabulario, de
cores, formas, tamaños ou emocións.
9.
Propician o aumento da autoestima, ao permitir que o
neno cre algo propio e único.
10. Estimulan o seu sentido estético.
En resumo, pintar mandalas proporciona enormes beneficios aos nosos pequenos sendo un excelente exercicio de estimulación cognitiva, que xunto coa musica clásica, os converte nun elemento moi importante a ter en conta non só nas aulas, senón tamén na casa.
Pintar un mandala é unha actividade lúdica que require de certos rituais. O primeiro de todo é que precisan dun ambiente calmado e relaxado axudado por musica clásica, que no noso caso seleccionamos "O efecto Mozart" polos seus beneficios demostrados nos mais pequenos. O segundo paso é colorear libremente prestando atención ás formas e figuras sen que ningún adulto interveña. Animádevos? Picade na sección "Mandalas" na barra superior da páxina do blog e alí atoparedes unha selección en función da súa idade e das temáticas que estamos a traballar.